CIENCIAS DA NATUREZA (3º DE PRIMARIA)

UNIDADE 6: A ENERXÍA E O MEDIO NATURAL

Comezamos novo tema en Ciencias da Natureza, lembrade poñer a data e a unidade co título nos vosos cadernos.


MARTES, 12 DE MAIO

Hoxe vamos a coñecer algún tipos de enerxía e aprender que a enerxía se pode transformar duns tipos a otros.

Sabedes de onde obtedes a enerxía que necesitades cada día para erguervos, estudar, xogar…? Estou segura que coincidides nas vosas respostas...que se obtén dos alimentos e do osíxeno. Por iso necesitamos comer e respirar, para repoñéla.

1- Lemos a páxinas 110-111

2- Propoño visualizar o seguinte vídeo para comprender os conceptos desta dúas páxinas:


3- Para seguir profundizando neste tema vamos a aprender xogando. Velaquí diferentes xogos:





4- Páxina 111 actividades 1 e 2.

5- Experiencia coa enerxía química: ao engadir una cullerada de bicarbonato a un vaso de zume de limón, prodúcese escuma e moitas burbullas. É un cambio químico e unha manifestación da enerxía química dos compoñentes da mestura.


VENRES 15 DE MAIO

Hoxe vamos saber que son as fontes de enerxía e destinguir entre fontes renovables e non renovables. Por último, coñeceremos como se pode obter enerxía eléctrica.

1- Lemos as páxinas 112-113.

2- Propoño ver estes vídeos que nos axudarán a comprender e afondar neste tema: 




3- Seguimos aprendendo e profundando sobre a enerxía:






4- Páxina 113 actividades 1 e 2.

5- Sabes que...os materiais radioactivos, o uranio e o plutonio, proporcionan unha gran cantidade de enerxía con pequenas doses. Para producir a mesma cantidade de enerxía con carbón, necesitaríanse moitas toneladas deste combustible fósil. O grande inconveniente das centrais nucleares é que producen residuos radioactivos que poden ser moi perigosos e hai que almacenalos de forma segura durante moitísimo tempo.



Moito Ánimo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario