CIENCIAS DA NATUREZA (3º DE PRIMARIA)

Esta semana imos facer unha manualidade, unha especie de peceira cun barquiño, como o desta foto,


 para que poñades na vosa habitación.
 Tedes aquí as indicacións. Esta actividade é, ademais de para que vos divirtades facéndoa, para que vexades como flota a cortiza. 
A cortiza, ao igual que os barcos, flotan porque o seu peso, (densidade), é maior que a da auga. Agora xa sabedes tamén porque flotan os barcos.


Por último, recoméndovos esta páxina para que fagades xogos de repaso, hoxe, ao longo do verán ou cando queirades. Xa a usamos alguna vez.



Cal é o voso xogo favorito?
Investigade os xogos que hai nesta páxina. Se non atopades ningún que vos guste eu propóñovos un pasapalabra sobre o CORONAVIRUS.


Chegou o final deste curso estraño no que demostramos que tamén desde a distancia podemos funcionar.
     Tivemos que cambiar moitos hábitos nas nosas vidas e, aínda que é difícil adaptarse aos cambios, quizais algúns foron incluso para mellorar. Así que, intentemos conservar as cousas boas que aprendemos desta situación tan especial que tivemos que vivir. Agora chega o final do curso 2019-2020 e aínda non sabemos ben como vai ser o seguinte. Por iso, coidémonos moito durante o verán (summer) e disfrutemos todo o que poidamos, para poder volver así coas pilas ben cargadas. 

FELIZ VERÁN.

No hay comentarios:

Publicar un comentario