ENGLISH 1º- 2º Primaria (WEEK 15/06- 19/06)
Hi again my wonderful pupils!
Estas son as últimas actividades que vos mando.
I hope you like them!
I hope you like them!
Chegou o final deste curso estraño no que demostramos que tamén desde a distancia podemos funcionar.
Tivemos que cambiar moitos hábitos nas nosas vidas e, aínda que é difícil adaptarse aos cambios, quizais algúns foron incluso para mellorar.
Así que, intentemos conservar as cousas boas que aprendemos desta situación tan especial que tivemos que vivir.
Agora chega o final do curso 2019-2020 e aínda non sabemos ben como vai ser o seguinte. Por iso, coidémonos moito durante o verán (summer) e disfrutemos todo o que poidamos, para poder volver así coas pilas ben cargadas.
Quizais non poderemos darnos apertas (hugs) e bicos (kisses), pero seguro que estaremos encantad@s de volver a vernos !
Cantade e bailade coas cancións, relaxádevos e escoitade as historietas que aparezan, pasade bos intres cos xogos online,... e lembrade que podedes volver a ver todo o que fun subindo o blog nás semanas anteriores.
Un abrazo ás familias pola colaboración, paciencia e comprensión e lots of kisses, kisses, kisses a vós, boys and girls, que vos portastes coma verdadeir@s heroes e heroínas.
Desfrutade moitísimo do verán e vémonos en setembro! I miss you a lot (bótovos moito en falta)
Desfrutade moitísimo do verán e vémonos en setembro! I miss you a lot (bótovos moito en falta)
Your English teacher,
Isabel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario