CIENCIAS DA NATUREZA (3º DE PRIMARIA)



UNIDADE 9: AS FORZAS E AS MÁQUINAS

Comezamos o último tema en Ciencias da Natureza, lembrade poñer a data e a unidade co título nos vosos cadernos.




MARTES, 2 DE XUÑO

Hoxe vamos saber que son as forzas, cal é a súa relación co movemento e como actúan.Tamén nos enfocaremos que é a forza da gravidade e cal é o seu efecto sobre os obxectos na Terra.

Que é a forza da gravidade?

 A forza da gravidade fai que nos manteñamos firmes no chan e é a mesma forza que fai que os planetas do noso Sistema Solar xiren arredor do Sol. Neste caso é
a forza da gravidade do Sol, o astro de maior tamaño, a que mantén en órbita o resto de planetas. A Lúa xira arredor do noso planeta debido á forza da gravidade terrestre.

1- Propoño visualizar os seguintes vídeos:




2- Lemos as páxinas 124-125


3- Páxina 125 actividade 2.

4- Sabías que...?

A forza da gravidade é bastante débil se se compara con outros tipos de forzas da natureza. Por exemplo, un imán exerce sobre un cravo moita máis forza ca a Terra, xa que o cravo voa polo aire en dirección ao imán. Pero, para que o cravo sexa atraído polo imán, o imán debe exercer unha forza maior á da gravidade. Outro exemplo de actuación de forzas contrarias sería cando saltamos, debemos empurrar coa forza dos nosos músculos cara arriba para opoñernos á forza de atracción da Terra.
5- Sabías que...?
 Cando un obxecto cae no aire, operan sobre el dúas forzas diferentes en todo momento. Por un lado, a forza da gravidade que o atrae cara á terra, e por outro a forza de rozamento do aire, que frea esa caída. O rozamento fai que a velocidade da caída non aumente a partir dun punto e, a consecuencia disto, a efectos da velocidade con que o obxecto cae ao chan, é o mesmo caer desde unha altura de 50 metros ca desde unha altura moito maior. O paracaídas baséase neste principio. Ao ter unha superficie maior, prodúcese tamén un maior rozamento, que motiva que a velocidade de caída diminúa. O mesmo principio úsano os
avións para frear a súa velocidade no voo, despregando unha serie de aleróns laterais que, ao opoñer maior superficie contra o vento, frean o avión.

Que outros aparellos podedes pensar que se sirvan da forza de rozamento para frear ou deter o movemento dos obxectos?


VENRES 5 DE XUÑO

Hoxe vamos saber que son as máquinas e os tipos de máquinas (simples e compostas).

1- Propoño ver este vídeo que nos axudará a comprender e afondar neste tema:


2- Lemos as páxinas 126-127-128-129.



3- Seguimos aprendendo e profundando sobre as máquinas con estas fichas interactivas:

As máquinas




Moito Ánimo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario