CIENCIAS DA NATUREZA (3º DE PRIMARIA)
MARTES, 9 DE XUÑO
Ola Noa, Uxía, Dani e Hugo!
Hoxe valoraremos a importancia dos inventos e coñeceremos algúns exemplos destacables.
1- Propoño visualizar o seguinte vídeo:
2- Lemos as páxinas 130-131
3- XOGOS para seguir profundizando no tema:
VENRES 12 DE XUÑO
1- Hoxe vamos comenzar facendo un repaso da unidade 9 cos seguintes xogos:
2- Fichas interactivas:
3- Por último vamos construír unha máquina simple. As máquinas simples son aquelas ferramentas que están construídas por unha ou por poucas pezas.
Hoxe propóñovos facer un pozo, xa que penso que pode ser moi interesante aprender como funciona e porque creo que podedes atopar pola casa todos os materiais para facelo; pero se queredes podedes buscar outra que vos guste máis e facela.
Estades listos para poñervos mans á obra? A ver como nos queda…
- Un cartón de leite ou de zume
- Un pauiño con forma cilíndrica ou un lápis
- Un anaco de cartón
- Un pouco de cordón
- Unhas tesoiras e un cúter (se tedes)
- Pegamento (se pode ser cola ou silicona mellor)
- Algún obxecto que poida servir de cubo (como por exemplo o tapón da pasta de dentes)
1. Corta un cadrado de cada lado do cartón de tal modo que che quede un cubo na base e un tellado. Deixa espazo suficiente no lateral para enganchar o pau que escolliches.
2. Fai dous buratos, un en cada lateral e próximos ao tellado, para introducir neles o pau máis adiante.
3. Agora colle o anaco de cartón e corta unha peza en forma de ovalo (de ovo). A ela pégalle un anaquiño pequeno de pau, de tal modo que xuntos formen un L (a modo de manivela) para poder xiralo..
4. O seguinte paso é introducir o pau máis grande polos dous buratos que fixemos no brick (ten que ser un pouco máis ancho para que sobresaian) e despois enganchalo ao anaco de cartón.
5. A continuación cortamos outro anaquiño de cartón e pegámolo no lado contrario ao da manivela para que quede ben suxeito o pau.
6. Facemos un cubo coa tapa dunha pasta de dentes e a el atámoslle un anaquiño pequeno de cordel.
7. Collemos outro anaco de cordel máis longo e enroscámolo no pau (facemos un nó ao comezar para que quede fixo e non se solte ao baixalo).
8. Finalmente unimos o cordel do cubo co da corda e xa podemos empregar o noso pozo. Proba a meter algo dentro, como auga ou plasti, a ver se funciona!
Listo! Xa temos a nosa máquina simple, e agora xa sabemos como funciona un pozo.
Moito Ánimo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario