CIENCIAS DA NATUREZA (3º DE PRIMARIA)

VENRES, 16 DE ABRIL 

Hoxe vamos enfocarnos na AUGA e os seus ESTADOS.

1- Lemos as páxinas 98-99

2- Propoño ver este vídeo sobre os estados da auga:


3- Agora estes dous vídeos explícanvos os cambios de estado: 




4- Para seguir profundizando neste tema vamos a aprender xogando. Velaquí diferentes xogos:

- Diferenzas entre os distintos estados da materia


5- Agora vamos mostrar os distintos estados da auga e os seus cambios de estados con exemplos:

-Para mostrar a fúsión podedes deixar un pouco de xeo nun recipiente, para comprobar como se desconxela.

-Para a evaporación, un pouco de auga nun recipiente aberto cunha marca do nivel da auga; ao cabo dun día vades a comprobar que o nivel baixou.

-Para mostrar a condensación pódese exhalar nun espello e comprobar como se empana de bafo.

-Para a solidificación o máis simple é recorrer á fabricación de pedras de xeo nun conxelador.

6- Páxina 99 actividade 1-2.

7- Contestamos no caderno a seguinte pregunta:

Por que é importante a auga no noso planeta?


Moito Ánimo!



No hay comentarios:

Publicar un comentario