UNIDADE 6: A MATERIA
Hoxe comezamos novo tema en Ciencias da Natureza, lembrade poñer a data e a unidade co título nos vosos cadernos.
Propoño que vexades estes vídeos da materia, as súas propiedades e os estados da materia:
-Lemos as páxinas 96-97 e facedes da páxina 97 o 1-2 e 3.
-Toca experimentar: Como pescar un xeo cun fío (2'50''). Xa me contaredes cantos xeos podedes pescar!
-Toca experimentar: Como pescar un xeo cun fío (2'50''). Xa me contaredes cantos xeos podedes pescar!
- Podedes adornar a casa con globos, é una excelente oportunidade de abordar conceptos relacionados coa materia. Antes de comezar, pesade os globos nunha báscula de cociña. Comenzade a inflálos fixándose en como o globo cambia, aumenta o seu volumen. A goma estírase, vémola máis fina, incluso o globo parece de cor máis clara. Desatar os nós de varios globos e comprobar como o aire escapa. Suxeitar algún globo de forma que o aire saia pouco a pouco.
- Agora collede unha xerra e vasos e outros recipientes pequenos de variadas formas. Verter a auga da xerra nos recipientes e comprobar como a auga varía de forma e adopta a do recipiente que a contén.
Por último, para comprender as diferenzas entre masa e volume, collede alimentos envasados co mesmo peso e que teñan distinto volume. Por exemplo, paquetes dun quilogramo de garavanzos, sal, café en gran e café moído.
-Calquer dúbida que teñades preguntade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario